2/11/09

HOTEL TORQUES MERA - PEUGEOT VILALBA F.S.

Xusta vitoria do Mera F.S. diante dun Peugeot Vilalba F.S., que na primeira metade mereceu algo máis que o empate a un gol, pero que na segunda parte foi vítima dos seus propios erros, o que propiciou a segunda derrota consecutiva para os vilalbeses.
O quinteto inicial estivo formado por: Alex, Ati, Iván, Nico e Pequecho. No banco quedaron: Jorge, Manu, Marquiños, Paulo, Roberto e Rucho.
Comezaría o Mera adiantándose cedo no marcador, o que propiciou que os vilalbeses presionaran arriba durante toda a primeira metade.
O Peugeot tería boas ocasións, para conseguir darlle a volta ao marcador, pero o infortunio privaríalle de que o coiro rematara no fondo das redes locais.E non foi ata o minuto 19 cando nun córner, Nico poñería o empate a uns.
Antes de que rematara a primeira metade, Alex dende a súa área intentaría sorprender ao porteiro rival, pero este recuando enviaría o balón a corner, que non tería consecuencias.
Ao comezo da primeira metade os vilalbeses seguirían xogando ben, e no minuto 3 unha volea de Nico nun córner, daría no pau. Dous minutos máis tarde o Mera collería vantaxe no marcador, nun tiro dende a dereita.
Os vilalbeses cavarían a súa propia tumba con erros que o Mera non desaproveitaría, e aínda que tiveron ocasións para meterse no encontro, unhas remataron nos paus e outra non colleron porta.
Para a xornada seguinte o Peugeot recibe a un Boqueixon que vai terceiro na taboa, o sábado 7 as 18:30, no Pavillón Municipal de Vilalba.

1 comentario:

LUPESCU dijo...

Vamos chavales, temos que voltar á senda de vitorias, e seguir dandoo todo na pista.
As cousas boas non tardarán en chegar, pero tampouco hai que obsesionarse.
A seguir disfrutando.
Un saúdo e Forza Peugeot.