23/11/09

PEUGEOT VILALBA F.S. 7 CLUB RIBEIRA F.S. 7



Partido moi intenso o xogado no Pavillón Municipal de Vilalba, entre o Peugeot Vilalba F.S. e o Club Ribeira F.S., que rematou con empate a sete. Os vilalbeses desperdiciaron unha renda de cinco a dous, diante duns 200 seareiros, que ao remate do encontro aplaudiron o espectáculo dado por ambos equipos.
O equipo adestrado por Alfonso comezou xogando con: Fiter, Ati, Nico, Pequecho e Roberto. No banco quedaron: Agus, Jorge, Manu, Marquiños, Paulo e Rucho.
Cando aínda estaba a xente tomando asento na grada, Ati cun tiro dende fora da área marcaría o primeiro gol da tarde. 1-0
O Ribeira no minuto sete daríalle a volta ao marcador, o primeiro froito dun saque de banda, e o segundo nunha perda de balón de Manu. 1-2
Pero soamente un minuto máis tarde nun córner, Manu executaría un disparo e Marquiños no rexeite, conseguiría o empate. 2-2
Os locais cargaríanse moi axiña de faltas, froito do cal os visitantes terían dous dobre-penatis. Un no minuto 12 que detén Fiter, e outro no minuto 14, que sairía fora.
No minuto 15 o Peugeot por medio de Pequecho, poñeríase de novo por diante. 3-2
Os vilalbeses estabán xogando realmente ben, e os goles non tardarían en vir. Nunha combinación fermosa entre Ati, Pequecho e Jorge, remataría no gol do de Sarria. 4-2
E noutra boa xogada viría o gol de Ati, nunha combinación entre el e Jorge, este deixoulle o balón a pracer para poñer o quinto dos vilalbeses. 5-2
Antes do descanso o Ribeira marcou de dobre-penalti. 5-3
O Peugeot na segunda parte non se daba metido no encontro, e os de Ribeira aproveitaron para darlle se cabe máis emoción, a un partido que parecía controlado polos locais. E sen presa pero sen pausa, cada cinco minutos irían perforando a portería de Agus.
Os vilalbeses aguantaron ata o minuto cinco os envites dos visitantes, que marcaron a raíz dun saque de banda. 5-4
No minuto dez, cun tiro dende fora empatarían o encontro. 5-5
Cinco máis tarde de novo dende fora, poñeríanse por segunda vez por diante. 5-6
E chegaron os minutos da tolemia. Manu a pase de Marquiños, empataría no dezaseis. 6-6
De novo Manu, nun roubo poñería por diante ao Peugeot, e o Pavillón parecía que se viña a baixo. 7-6
No minuto dezaoito, os de Ribeira poñerían o definitivo empate a sete, logo dun erro de Agus. 7-7 Pero aínda quedaba tempo, e calquera dos dous puido levar o encontro, mais o marcador non sufriría trocos.
No seguinte encontro o Peugeot visitará, a comarca de A Mariña, para enfrontarse ao Burela Turística.

O sorteo dunha cea para dúas persoas patrocinada pola Cervexería A Taberna, correspondeu ao nº de socio 310.

No sorteo patrocinado por Osborne España e Peugeot, saíu agraciado o nº 464.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

q cronica é esta??? Creo q hai q correxir este erro!!!!!!

LUPESCU dijo...

Por un erro colguei, a crónica contra o Boqueixón. Solucionado.

Anónimo dijo...

Felicitarvos dende o equipo de Ribeira polo partido do Sábado e pola temporada que tades a facer. Non é fácil os inicios no cambio de categoría, é un diferencia moi grande e dificil de acloparse. Vos tadelo a facer a perfección. Moita sorte e vemonos en Meira na volta!!!

LUPESCU dijo...

A mirada que lle mandou Pequecho a Agus no último gol foi de :
- Canto te quero, pero non facía falla que me foderas agora.
- Ou, Me cago en tó, tíñala que estarruñar.
Un saúdo e Forza Peugeot

likorino dijo...

Non vos preocupedes que a proxima vez se a hai que estarruñar farase con tal de non volver a cruzar a mirada do pekecho....ainda que visto o do sabado pola noite, dame mais medo deixalo so na marita coa gorra de cazador......