8/11/09

PEUGEOT VILALBA F.S. - BOQUEIXÓN F.S.


Empate que sabe a pouco aos vilalbeses, despois do visto no Municipal de Vilalba por uns douscentos seareiros, onde foi superior a un Boqueixón F.S. que marchaba terceiro na táboa. Os xogadores do Peugeot, fixeron un bo encontro, e só a mala sorte, e a falta de puntería impediulle levar os tres puntos.
O quinteto de Alfonso foi: Alex, Ati, Paulo, Pequecho e Roberto. Quedaron no banco Martín, Jorge, Freire, Marquiños e Miguel.
Na primeira metade o Peugeot foi o claro dominador do encontro, pero o Boqueixón nas dúas únicas ocasións que tivo converteunas en gol. O primeiro chegou no minuto catro, nun saque de banda que rematan ao pau, e no rexeite baterían a Alex. 0- 1
Na seguinte xogada unha convinación entre e Ati e Pequecho, este enviaría o balón ao segundo pau, pero Paulo non foi quen de marcar. O Peugeot roubaría de novo o balón, e o tiro de Pequecho sairía fora por pouco.
E no minuto sete chegaría o excesivo castigo para os vilalbeses nun contragolpe dos visitantes. 0-2
O Peugeot non se veu abaixo e intentaba por tódolos medios facer gol, e Marquiños en dúas ocasións estivo moi preto.
Jorge no minuto 8 executaría un disparo dende a dereita que ía a escuadra, pero o porteiro enviaríao a córner.
Jorge de novo roubaría un balón, e o seu tiro sairía pegado ao pau.
No minuto dez, a Marcos quedaríaselle o pé pegado á pista, cando tiña todo para marcar no segundo pau a pase de Pequecho.
Ati e Pequecho tería tres ocasións pero o porteiro visitantes non estaba pola labor.
Antes do descanso, Paulo executaría un disparo, que remataría no largueiro da portería do Boqueixón.
Na segunda parte o encontro abriuse máis, e as ocasións chegaban en ambas porterías, pero na vilalbesa un omnipresente Alex votaría por terra tódalas ocasións dos visitantes.
Roberto nada máis comezar, dispararía nun saque de banda de Pequecho e detería o porteiro.
As ocasión eran continuas, e Ati, Pequecho, Marquiños e Jorge, non eran capaces de materializalas, e non sería ata o minuto dez cando chegaría o premio para o Peugeot. Ati foi levando o coiro pola banda deixando atrás a dous xogadores, e o seu tiro enviaríao o porteiro a córner. E nese córner, Marquiños cun tiro pegado ao pau poñería ao pavillón en pé, cantando o gol que daba esperanzas de remontada. 1-2
Marquiños de novo poñería o empate cinco minutos máis tarde, a pase de Roberto ao segundo pau. 2-2
Ningún dos dous equipos foi quen de desfacer ese empate, co que remataría o partido. Os vilalbeses seguen invictos na casa, e buscarán os seus primeiros puntos como visitantes, na seguinte xornada contra o F.S. Alameda Xarío.

O sorteo dunha cea para dúas persoas patrocinada pola Cervexería A Taberna, correspondeu ao nº de socio 270.

No sorteo patrocinado por Osborne España e Peugeot, saíu agraciado o nº 202.

11 comentarios:

LUPESCU dijo...

Pena dos dous empates na casa, si tiveramos máis sorte estamos metidos na zoa tranquila, pero esto é así.
Sorte para sábado e a ver si puntuamos fora.
Un saúdo e Forza Peugeot.

Anónimo dijo...

que tal estiveron os rapaces?

Anónimo dijo...

Si te refieres a los juveniles, bien. Freire entró primero, y lo hizo bastante bien. Luego salió Miguel, y al principio se le veía nervioso, pero no tuvo fallos. Martín no jugó.

LUPESCU dijo...

Sorpresas na xornada.Gañou o Cedeira en Outeiro ( 4-5 ), e o Troula ao Burela ( 6-2 ). O Ribeira e Rianxo gañou por un apretado 4 a 5.
Parece que está bastante igualado.

Anónimo dijo...

Q tal ekipo ten o boqueixón?? Creedes q estará arriba a final de liga?? Cales creedes q son os favoritos??

LUPESCU dijo...

Gustáronme moito os porteiros, sobre todo o da primeira metade.
Despois o número 10 pareceume o mellor deles, pero penso que lle faltaba algún xogador.
Polo visto quedará arriba o Ventorrillo, e despois eu penso que van estar un grupo de 3 ou 4 para o segundo e terceiro posto: Riberia, Boqueixón, Casás, Mera, Burela.
Penso que o resto estarán moi xuntos con pouca diferencia de puntos, e abaixo tres que se descolgarán. Pero aínda queda moita liga, e na segunda volta verase o potencial real de cada equipo. Tamén penso que algún equipo vai notar a ausencia de algún xogador para determinados partidos, o que propiciará máis igualdade.

edu dijo...

Parabens polo esforzo merece a pena seguir cada dia con este proxecto estamos orgullosos de vos.Quero darlle uns especiales parabens a Marquiños polos 2 goles xa che dixen un dia que chegarian tarde ou cedo merecelos pola adicacion e esforzo nos adestramentos alegrome. A seguir asi xa veredes como van vir moitas alegrias un saudo para todos e FORZA PEUGEOT

Carlitos Tevez dijo...

Moitas gracias, pero xa sabemos o caprichoso que e o futbol e mais ainda o gol. O importante sempre e o grupo por encima de calquera individalidade, e o gusto que da ver a este equipo esforzandose todos xuntos para sair adiante e intentar facelo mellor cada dia.
A seguir asi, non baixar nunca os brazos e pensar que co esforzo de cada un podemos estar mais arriba na taboa.

ANIMO PEUGEOT

Anónimo dijo...

Noraboa polo empate do sabado diante dun dos gallitos da categoria, a seguir asi... despois que digan k este ekipo sen manu non é naide. Por certo, porque non xogou manu?

likorino dijo...

tiña que traballar en santiago ata as dez da noite. Animo equipo, seguindo asi pouco a pouco iremos hacia arriba na clasificacio. Por certo, non vin o partido e non me acabo de crer que o marcos marcara dous goles seguidos...non sei se fiarme....a partir de agora vai ter que ir todolos venres a muimenta....

Carlitos Tevez dijo...

Xa o planteei o de ir a muimenta salir todos os viernes, pero non estan moito pola labor, ben sabes a policia, je je je, peor e que marcara o Rutxo 2 despois de ese viernes