8/2/10

JOGAFÁN ORDES F.S. 1 PEUGEOT VILALBA F.S. 5

Vitoria moi importante do Peugeot Vilalba F.S., diante do Jogafán Ordes F.S., por 1 a 5.
Alfonso puxo en pista de inicio a: Fiter, Ati, Iván, Pequecho e Roberto. Quedaron no banco: Agus, Checo, Hugo, Manu, Marquiños, Nico e Paulo.
O encontro comezou cos de Ordes dominando, pero sen ningunha xogada de perigo. Pouco a pouco os vilalbeses fixéronse donos do coiro, e comezaron a crear ocasións, froito das cales forzaron un penalti, que Pequecho enviou aos dous paus, e as costas do porteiro do Jogafán.
Faltando seis minutos, chegou o gol de Nico, nunha xogada de estratexia de córner, despois de que pegara o balón nun contrario. 0-1
Pouco despois, nun saque de banda sen aparente perigo, un despiste dos visitantes, propiciou o gol dos locais. Puido trocar o rumbo do partido, pois despois do empate, os de Ordes enviaron un balón ao largueiro. Pero xusto despois Manu puxo o 1 a 2, nun contragolpe, onde foise só pola banda, e o seu disparo entrou pola escuadra. Chegaríamos ao descanso.
A segunda parte comezou igual, cos de Ordes coa posesión do coiro, e o Peugeot creando perigo ao contragolpe.
No minuto 8, nun córner dende a dereita, Manu colgouna ao segundo pau, onde chegou Hugo para cruzarlla ao porteiro. 1-3
Nun libre indirecto ao borde da área, chegoulle o balón a Marquiños no punto de penalti, e non errou. 1-4
Saindo ao contragolpe os vilalbeses terían as mellores ocasións, e a falta de 3 minutos nun contragolpe de libro, chegou o derradeiro gol, obra de Checo. 1-5
Encontro máis doado do que se agardaba, no que o Peugeot apenas, pasou apuros, e que sobre todo, se estivo ben en defensa. Destacar que se gañou tamén o gol average, a un rival directo.
O seguinte encontro será diante do Troula F.S., o día 13 as 17:30, no Pavillón Municipal de Vilalba.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

o partido do sabado e as 17:30 EDU

Tonecho dijo...

Felicidades polo resultado.
Os equipos que estamos nesta zona da taboa calquera resultado positivo nos anima para a proxima xornada.
Sinto que fora a costa dun equipo de amigos, pero no deporte todo vale.
Un saudo.