17/2/10

PEUGEOT VILALBA F.S. 2 TROULA F.S. 2

Empate entre o Peugeot Vilalba F.S. e o Troula F.S., no Municipal de Vilalba, diante duns 100 seareiros.
A primeira parte foi de dominio local, e na segunda calquera puido levar a vitoria.
O quinteto de Alfonso estivo formado por: Alex, Ati, Iván, Paulo e Roberto. No banco quedaron: Agus, Hugo, Marquiños e Nico.
Nunha das poucas ocasións claras dos visitantes na primeira metade do encontro, chegou o gol para os de Betanzos. Foi nunha falta no minuto dous, na que os vilalbeses tiveron un erro na marcaxe, que os contrarios aproveitaron para tomar vantaxe no marcador. 0-1
Pero os locais, remontarían só dous minutos máis tarde. O empate chegaría, nunha xogada individual de Ati. O seu disparo pegaría primeiro no pau, e despois nas costas do porteiro, para rematar dentro da portería. E no minuto catro, nun saque de córner de Roberto, Ati executaría un disparo, que Iván de tacón, enviaría ao fondo das redes. 2-1
A longo desta primeira metade, o Peugeot tería algunhas ocasións claras, pero non foron capaces de incrementar a súa vantaxe.
Á saída dos vestiarios, ámbolos dous equipos, intentaron acadar a vitoria, pero só o Troula foi quen de marcar.
Antes do gol, os vilalbeses terían dúas ocasións nas botas de Marquiños, e unha nas de Roberto.
O empate chegou nunha xogada individual dun xogador visitante, que fixo uns recortes a Paulo, e cruzoulla a Agus. 2-2
Despois do gol, de novo Roberto probaría sorte, pero os seus disparos, rematarían un en córner e outro no pau.
Os derradeiros minutos foron, de dominio visitante, e puideron levar a vitoria, con tres ocasións. A primeira remataría no pau, a segunda sacaría Roberto o coiro na liña de gol, e a falta de cinco segundo salvaría Agus.
A vindeira xornada o Peugeot Vilalba F.S. visita ao Loterías Mexillón de Ouro, de Rianxo.

O sorteo dunha cea para dúas persoas patrocinada pola Cervexería A Taberna, correspondeu ao nº de socio 142.

No sorteo patrocinado por Osborne España e Peugeot, saíu agraciado o nº 1132.

1 comentario:

LUPESCU dijo...

Imos cantar a Rianxeira.
Un saúdo e Forza Peugeot