8/3/10

PEUGEOT VILALBA F.S. 2 HOTEL TORQUES MERA 2



Unha vez máis a falta de pegada fixo que o Peugeot Vilalba F.S., non puidera acadar a vitoria, nesta ocasión diante do Hotel Torques Mera.
O quinteto de Alfonso estivo formado por: Fiter, Ati, Iván, Nico e Pequecho. No banco quedaron: Agus, Hugo, Manu, Marquiño e Paulo.
Os vilalbeses foron os donos da primeira parte, e Fiter non tivo grandes dificultades nos primeiros 20 minutos.
As ocasións para os vilalbeses foron moitas, pero non tiveron a fortuna para poder chegar cunha vantaxe máis grande ao descanso. As máis claras antes do gol, estiveron nas botas de Pequecho, cun tiro que pega en Marquiños cando ía para dentro; e dúas de Hugo que contra o porteiro non foi quen de definir.
O gol chegaría no minuto 15, cun disparo de Manu, que pega nun contrario, antes de chegar ao fondo das redes. 1-0
Tres minutos máis tarde, nun contragolpe Manu recorta ao porteiro, e o seu tiro rexéitao un xogador do Mera, cando ía entra na porta. Penalti e expulsión.
Paulo encargaríase de tirar o penalti, e subir o 2 a 0 ao marcador.
Antes do descanso Manu, executaría un disparo dende fora que repelería o largueiro.
Os oito primeiros minutos da segunda parte, foron de dominio local, pero a partir de aí, os de Mera fixéronse donos do partido.
Os vilalbeses cargaríanse axiña de faltas, e os visitantes recortarían o marcador cun dobre penalti. 1-2
Xa con porteiro xogador empatarían o encontro, e terían algunha ocasión para levar o encontro. 2-2
Nos últimos minutos, Agus dende a súa área estaría a piques de dar a vitoria aos vilalbeses, pero o seu tiro sairía fora por pouco.

O sorteo dunha cea para dúas persoas patrocinada pola Cervexería A Taberna, correspondeu ao nº de socio 107.

No sorteo patrocinado por Osborne España e Peugeot, saíu agraciado o nº 892.

12 comentarios:

Anónimo dijo...

Cando é o partido contra Casás?

Anónimo dijo...

Ainda non hai data para o encontro

Anónimo dijo...

non deben querer xogar porque non lles vale ningun dia....

Anónimo dijo...

pensais que os tenemos miedo flipados? Sellaremos vuestro descenso XDDD

Anónimo dijo...

seguide deixando mensaxiños por aqui e despois queixadevos cando veñades....seredes burros

Anónimo dijo...

Se tedes h............ a vir que polo que se ve non vos vale ningunha fecha.
E a ver quen sella o desdenso de quen

marcos dijo...

CUANTOS DESCENSOS HAY?! SIN CONTAR POSIBLES ARRASTRES

Anónimo dijo...

2

Anónimo dijo...

Estoy seguro que nadie de Casás esta dejando estos mensajes aqui, si no que es gente que lo unico que quiere es meter cizaña.

Anónimo dijo...

Según a normativa descenden os 3 ultimos, salvo renuncias de provincial, cousa bastante improbable este ano porque tanto Xove, Friol como Area 10 estan interesados en ascender.

Anónimo dijo...

De pronvial de lugo non ascenden 3 eh!elogo a pronvincial de coruña q se queda sen prazas ou que.

Anónimo dijo...

Os que ascendan dependeran de quen descenda de autonomica, si de lugo ou de coruña. En funcion deso habera mais dun grupo ou doutro, eso sin contar renuncias. Pero a pregunta de cantos descende, son 3 e tamos metidos unha chea de equipos para esas plazas