20/9/10

AUTOCARES J. POMBO 5 PEUGEOT VILALBA F.S. 5

O Peugeot desperdiciou unha boa oportunidade de traer os 3 puntos dende A Coruña, ao encaixar o empate no derradeiro segundo do encontro. Despois de loitar case toda a segunda metade contra os elementos, cargarse moi axiña de faltas, e remontar o encontro á contra, cambioulles a faciana cando viron como o último tiro do J. Pombo, entraba na portería de Agus logo de tocar en varios xogadores.
A primeira metade a parte dos goles non tivo moita máis historia, e toda a emoción foi na segunda onde se viron oito goles. Destacar os dous goles de Jose, que despois de pasar en branco a tempada anterior por mor dunha lesión, volveu en estado de gracia.

Autocares J Pombo 5: Jacobo, Fernando, Jorge, Oscar e Andrés, -cinco inicial-, Sergio, Pablo, Alejandro, Enrique, Iago, e Gonzalo.
Peugeot Vilalba F.S. 5: Agus, Aitor, Manu, Pequecho e Roberto, -cinco inicial-, Fiter, Checo, Hugo, Jose, Nico, Paulo e Piña.
Árbitros: Raquel Manteiga Rodriguez e Cesar Puza Cao. Amoestaron con amarela a Manu, ao adestrador Alfonso, e ao delegado Suso, por parte do Peugeot.
Pavillón: Polideportivo Municipal Barrio das Flores.
Goles: 0-1 min. 9 Aitor, 1-1 min. 14 Oscar, 2-1 min. 24 Sergio, 2-2 min. 25 Manu, 2-3 min. 26 Jose, 2-4 27 Manu, 2-5 min. 28 Jose, 3-5 min. 37 Oscar , 4-5 min. 39 Sergio, 5-5 min. 40 Andrés.

5 comentarios:

Lupescu dijo...

Cacho putada o do sábado. Sen ter en conta a actuación arbitral, ao cargarnos tan axiña de faltas na segunda parte, condicionounos en defensa, que non podíamos ter a intensidade necesaria. Pero en liñas xerais vin ben ao equipo, ainda que algo estáticos en ataque. Reseñar que os tres que quedaron fora da convocatoria, estiveron dando folgos ao equipo, e agradacer aos seareiros que nunca deixan só ao Peugeot. Agora a refacerse moralmente, e a gañar ao Cedeira. Un saúdo e Forza Peugeot

ivan7_ivo dijo...

Ei chavales! polo que vexo as sensacións foron boas! noraboa polo punto conseguido e moito ánimo para seguir loitando e non deixar escapar máis puntos!!! e como non, parabéns a jose! eres un crack!
Moito ánimo des Bratislava!
Apertas varias

Vilalba F.S. dijo...

Na enquisa falta Pequecho, e está Paulo que non xogou.
Si queredes poñede aqui os votos de Pequecho ou os que teña Paulo contabilizámolos para Pequecho.

likorino dijo...

piñaaaaaaa....no te vota ni dios jajajajaja!!!!! por que sera?????

Piña dijo...

jajaja que boa!!!! Es que soy muy malo, lo que no entiendo, es quien te voto a tí???? jejejeje.