10/1/11

MERA F.S. 0 PEUGEOT VILALBA F.S. 3

Vitoria do Peugeot diante dun Mera, que tivo o control do esférico durante todo o encontro, pero sen crear ocasións claras de gol.
Os vilalbeses defenderon durante todo o partido moi ben, con moitas axudas e saídas rápidas, creando moitas ocasións sobre todo na segunda metade, onde puideron sentenciar antes o encontro. Os locais intentaríano con porteiro-xogador pero a boa defensa do Peugeot, impediu que tiveran ocasión de acurtar a distancia no marcador.
Destacar a labor dos colexiados, que seguramente foi a mellor arbitraxe destes anos.
O vindeiro sábado, o Peugeot recibe ao Outeiro de Rei, no Pavillón Municipal de Vilalba as 19:00. O equipo xuvenil xogará contra o Concello de Guitiriz, as 17:00, no mesmo escenario.

Mera F.S. 0: David Otero, Fernando, David García, Eder e Alberto, -cinco inicial-, Luís, Chapu, David Suárez, Mickael e Alejandro.
Peugeot Vilalba F.S. 3: Alex, Aitor, Ati, Checo e Pequecho, -cinco inicial-, Agus, Esteban, Hugo, Jose, Nico, Piña, e Sergio.
Árbitros: José Manuel Fernández Fiuza e Manuel Dans Rey. Amoestaron con amarela a David Otero por parte do Mera. No Peugeot amoestaron con amarela a Pequecho e a Sergio.
Goles: 0-1 Sergio, 0-2 Ati, 0-3 Aitor.

8 comentarios:

Manu dijo...

Boa equipo!!! A seguir nesta dinámica!!

Pablo dijo...

Esta semana non vou votar o millor xugador do partido xa que considero que todos estivechedes a mui bon nivel, e seria inxusto destacar a alguen.
Cá defensa e a tranquilidade que se xogou en Mera iremos para arriba seguro.

Pininha dijo...

Muy buen comentario Pablo.
(De todos modos, vota a Piña jaja)
Si somos capaces de ganar los dos partidos siguientes, se pondría la cosa muy interesante jejeje.
Forza Peugeot !!!!!!!!!!!

Anónimo dijo...

Yo no voy votar a Piña por que no fui al partido entonces no voto a nadie por que siempre lo voto a el jajajaja
EDU

Anónimo dijo...

Rober corrixe os goles e 0-3 Aitor al cesar lo que es del cesar

Lupescu dijo...

Foi un erro, xa está correxido. E a polo Outeiro. Forza Peugeot!!

Pablo dijo...

Xa chega cá pólemica do balón de ouro, asi que o meu voto é compartido.
Piña si marcas 3 goles contra o Outeiro prometoche que o meu proximo voto vai para ti.
P.D. Ou no seu defecto que pagues unhas cañas

Pininha dijo...

EDU.Gracias por tus votos, debes de ser el único que me vota jajaja, como te dije al coger el bus, la sorpresa sería perder, no ganarles....xD
PABLO.Invito a las cañas porque meter 3 goles yo......en la vida!!!!