28/3/11

LA CREMA BAR ARRANCA 4 PEUGEOT VILALBA F.S. 1

O Peugeot volveu de Negreira cunha derrota, nun encontro no que unha vez máis se repetiu o mesmo argumento: o rival aproveita os erros, e os vilalbeses non transforman en gol as ocasións que teñen.
A primeira metade comezou con dominio visitante, pero a medida que avanzaban os minutos, a presión do La Crema foi máis efectiva. Os locais marcarían dous goles, chegando ao descanso con esa vantaxe.
Á volta dos vestiarios o Peugeot recortaría distancias cun gol de Nico, pero o conxunto negreirés marcaría dous máis, deixando o marcador co definitivo 4 a 1.
Na vindeira xornada o Peugeot Vilalba F.S. recibe ao Pub Flanagan's Xove F.S.

La Crema Bar Arranca 4: Carlos, Juan (1), Angel, Francisco e Alberto, -cinco inicial-, Fidel, Mario (1) e Adrián (2).
Peugeot Vilalba F.S. 1: Alex, Aitor, Ati, Piña e Roberto, -cinco inicial-, Agus, Hugo, Manu, Nico (1), Paulo, e Sergio.
Árbitros: José Rei Iglesias e Anxo Rei Iglesias (Delegación de Santiago).

5 comentarios:

CAÑITOS dijo...

Cuidadito con el entrenamiento de hoy. Llevar chuvasquero para correr por fuera.

Lupescu dijo...

Algo faríades. Pero non te preocupes que aqui non cae gota jaja. E se chove, chove máis dentro do pavillón que fora.

likorino dijo...

por la salud de cada uno, no olvidar las zapatillas de correr en casa

Anónimo dijo...

Rodarán cabezas!

Anónimo dijo...

pena que non nevara panda de mangantes jejejeje