7/3/11

PEUGEOT VILALBA F.S. 6 C.F.S. CASTRO 3

Con máis dificultades das previstas, o Peugeot gañou por 6 a 3 ao último clasificado da autonómica, o C.F.S. Castro.
Tardaron os vilalbeses en marcar o primeiro gol, pero souberon gardar paciencia nun encontro pouco vistoso para o afeccionado.
Ao descanso os locais marchaban gañando por 3 a 1, pero podían levar unha renda máis grande.
Á volta dos vestiarios Sergio ampliaba a vantaxe, pero cando o encontro parecía encarrilado, o visitante Juan facía dous tantos para axustar o marcador 4 a 3.
Nos últimos minutos, Jose e Hugo, que facía o terceiro na súa conta particular, liquidaban a un Castro que ten moi complicada a permanencia na categoría.
Na vindeira xornada o Peugeot Vilalba F.S. visita ao Boqueixón F.S.

O sorteo dunha cea para dúas persoas patrocinada pola Cervexería A Taberna, correspondeu ao nº de socio 250.

No sorteo patrocinado por Osborne España, saíu agraciado o nº 600.

Peugeot Vilalba F.S. 6: Agus, Aitor, Ati, Pequecho e Roberto, -cinco inicial-, Alex, Checo, Hugo, Jose, Paulo, Piña e Sergio.
C.F.S. Castro 3: Carlos, Hector, Juan, Marcos e Julio, -cinco inicial-, Iván e Diego.
Árbitros: José Abuín Arroyo e Nino Sivarrey Vilar.
Goles: 1-0 min. 11 Pequecho, 1-1 min. 12 Julio, 2-1 min. 15 Hugo, 3-1 min. 17 Hugo, 4-1 min. 23 Sergio, 4-2 min. 28 Juan, 4-3 min. 32 Juan, 5-3 min. 36 Jose, 6-3 min. 37 Hugo.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Asi teñen que ser todolos partidos.

Lupescu dijo...

Estamos no noso momento doce, pero hai que ter os pés no chan, pois en calquera momento se pode romper a xeira de bos resultados. E nin despois seremos tan malos, nin agora somos tan bos.
Temos que seguir pasiño a pasiño, e non confiarnos porque calquera equipo che pode gañar ( e nos ben o sabemos ), seguir defendendo ben, pois o que se sabe é que as ocasións acaban chegando.
Un saúdo e Forza Peugeot

Iván Souto Díaz dijo...

Enorme chavales!!! Seguide seguros, disfrutade e a por todas!!!

Unha aperta.