11/4/11

SERVICIOS IGLESIAS FRIOL 3 PEUGEOT VILALBA F.S. 3

Empate a tres goles entre o Peugeot e o Friol, nun encontro no que os de Alfonso mereceron algo máis, pero fallaron na definición.
Nos primeiros minutos do encontro as ocasións máis claras para os vilalbeses, virían por medio de Roberto e Ati, pero os goles serían obra de Aitor en dous saques de banda. David e Marcos marcaría nesta primeira metade para o Friol.
Na volta dos vestiarios, os visitantes comezarían coa presión ao rival, e as ocasións non tardarían en chegar. Soamente Paulo marcaría gol, aproveitando un bo pase de Sergio. Oscar faría empate para os locais.
Na vindeira xornada o Peugeot Vilalba F.S. recibe ao Concello de Arzúa.

Servicios Iglesias Friol 3: Marcos, David, Marcos, Juán e Varela, -cinco inicial-, Permuy, Sebastián, Joaquín, Yago, Oscar e Nicolas.
Peugeot Vilalba F.S. 3: Alex, Aitor, Ati, Pequecho e Roberto, -cinco inicial-, Agus, Checo, Hugo, Jose, Paulo, Piña, e Sergio.
Árbitros: Nino Silvarrey Vilar e Carlos Suárez Blanco (Delegación de Lugo). Amoestaron con amarela a Varela por parte do Friol, mentras que no Peugeot, amoestaron con vermella (dúas amarelas) a Pequecho.
Goles: 0-1 min. 10 Aitor, 1-1 min. 13 David, 1-2 min. 14 Aitor, 2-2 min. 19 Marcos, 2-3 min. 23 Paulo, 3-3 min.33 Oscar.

1 comentario:

AAAAArRRRRRRRzZZZZZUUUUaaaaaaaaaaaaaa dijo...

Vamos arzuaaaaaaaaaaaaaaaaaa:;:;:;:;:;::;:;:;