13/3/17

Derrota contra o 5 Coruña

O Vilalba F.S. perdeu 3-5 contra o 5 Coruña, que o adianta na clasificación. Coas derrotas de Casás e Carballiño o descenso segue a 8 puntos.
Os visitantes foron mellores no conxunto do encontro, aproveitando mellor a súas oportunidades e con Lago moi seguro e acertado debaixo dos paus.
Adiantaríanse no marcador os coruñeses cun gol de Óscar. Mediada  a primeira metade, o incombustible Luis faría o empate, co que se chegaría ao descanso.
Na segunda parte Luis marcaría de novo, para poñer aos vilalbeses por diante. Pero o 5 Coruña remontaría con tres goles en cinco minutos.
Con xogo de cinco para catro dos de Alfonso, os visitantes farían o quinto.
Freire faltando poucos segundos marcaría o mellor gol da tarde.
Unha xornada menos para o remate da liga, e aínda que se perdeu, o obxetivo quedou intacto polas derrotas dos de abaixo.
A vindeira xornada o Vilalba viaxa a A Pontenova para enfrontarse ao Superti.


Vilalba F.S. 3: Iago, Jose López, Paulo, Alvarito e Freire, -cinco inicial-, Luis, Nuno, Juanjo, Diego e Antón.
5 Coruña 5: Lago, Daniel, Andrés, Caropi e Óscar, -cinco inicial-, Jesús e Iván.
Árbitros: José Luis Villarino Barja, Marcos Pérez Rodríguez e Xurxo Ameneiro Boquete.
Amoestaron con amarela a Alvarito e Diego no Vilalba. Polo 5 Coruña viu cartón Andrés.
Goles: 0-1 min. 4 Óscar, 1-1min. 11 Luis, 2-1 min. 24 Luis, 2-2 min. 31 Andrés, 2-3 min. 35 Óscar, 2-4 min. 36 Caropi, 2-5 min. 39 Caropi, 3-5 min. 39 Freire.

No hay comentarios: