20/3/17

Só faltou marcar as ocasións

O Vilalba F.S. perdeu 3-1 contra A Pontenova.
O descenso segue a 8 puntos ao descansar esta xornada o Carballiño, pero as vitorias do Bembrive e do Casás, fan que se aprete máis a clasificación.
A primeira parte foi de dominio vilalbés con ocasións claras de gol, unhas erradas polos de Alfonso e outras desbaratadas por César.
Os locais apenas creaban perigo con saques longos a porta de Iago.
Ao descanso chegaríase con empate a cero.
Na segunda metade igualouse o encontro sobre todo despois do gol de Nuno, que adiantaba ao Vilalba.
A partir de ahí os pontenoveses apretarían máis e os visitantes cometerían erros. Froito dun deles chegaría o empate.
Cos vilalbeses cargados de faltas, os árbitros pitarían unha sexta moi dubidosa. Paulo dende os 10 metros daríalle á volta ao partido.
Alfonso sacaría o cinco para catro, tendo un par de ocasións para empatar, pero sería Miguilla o que faría o terceiro para o seu equipo.
Moi bos os primeiros trinta minutos do Vilalba, pero desperdiciando moitas ocasións.
A vindeira xornada visitará o Municipal o Ribeira.

A Pontenova 3: César, Miguilla, Manuel, Paulo e Iago, -cinco inicial-, Diego, Fidel e Miguel.
Vilalba F.S. 1: Iago, Luis, Jose López, Paulo e Alvarito, -cinco inicial-, Roi, Freire, Nuno e Juanjo.
Árbitros: Juan José García Gómez, Pablo José Fernández Becerra e Alba Barro Paz.
Amoestaron con amarela a Miguilla, Miguel e Paulo no Bueu. No Vilalba viron cartón Alvarito, Freire, Luis e Roi.
Goles: 0-1 min. 26 Nuno, 1-1 min. 33 Iago, 2-1 min. 35 Paulo, 3-1 min. 39 Miguilla.

No hay comentarios: