2/11/11

JOGAFÁN ORDES F.S. 2 DISCOTECA TROCO VILALBA F.S. 3


Partido moi igualado o disputado onte no Castelao II, entre o Ordes e o Vilalba.
Na primeira metade comezaron mellor os visitantes, pero pronto se equilibraría o encontro, e as ocasións eran parellas para ambos equipos, marchando para os vestiarios cun xusto empate.
Despois do descanso os de Alfonso comezarían coa presión arriba, e collerían o control do encontro, máis o Jogafán tería algunha ocasión á contra.
Aitor que xa enviara dous balóns á madeira, daríalle a vitoria aos vilalbeses.
A vindeira xornada o Vilalba F.S. visita ao Boqueixón F.S., o sábado día 5 de Novembro.

Jogafán Ordes F.S. 2: Rodri, Adrián, Jorge, Iago e Samuel, -cinco inicial-, Dani, Manu e Marquitos.
Discoteca Troco Vilalba F.S. 3: Agus, Pequecho, Ati, Piña e Roi, -cinco inicial-, Luis, Sergio, Aitor, Peón e Joel.
Árbitros: José Manuel Carreira Romero e David Ruiz Piñeiro. Amoestaron con amarela a Rodri e a Juan (delegado), e con vermella (dúas amarelas ) a Iago por parte do Ordes. No Vilalba Ati, Peón, Piña e Luis viron amarela.
Goles: 0-1 min. 2 Ati, 1-1 min. 4 Jorge, 1-2 min. 9 Luis, 2-2 min. 12 Sergio p.p., 2-3 min. 35 Aitor.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Un gran equipo o Villalba, pareceume un gran partido dos dous equipos con unha gran intensidad e a verdad e que penso que o Jogafan deberia ter merecido ter algun punto mais na clasificacion, pero penso que co tempo van dar que falar nesta liga, un saudo a todos e moita sorte

Roberto dijo...

A verdade que o voso xogo non fai xustiza na clasifición.
A ver si tedes máis sorte nun futuro.
Un saúdo e vémonos no partido de volta.