14/11/16

Empate a cinco nun Municipal ateigado

Empate a cinco goles entre o Vilalba F.S. e A Pontenova, nun bo encontro cun Municipal ateigado de seareiros.
Primeira parte igualada onde os visitantes aproveitaron as súas ocasións para marcar dous goles, os vilalbeses puideron marcar algún máis pero soamente Freire o logrou.
Á volta do descanso os locais saíron en tromba e terían boas oportunidades para marcar.
Un dubidoso penalti cometido por Cesar aproveitouno Diego Fente para igualar o encontro. Ao pouco outra vez Diego nunha xogada persoal faría cun golazo o 3 a 2.
O xuvenil Juan Diego entraría por un lesionado Luis, e tería unha boa actuación.
Os goles sucederían nunha porta e outra, cos locais marcados pola acumulación de faltas.
Álvaro e Roi farían os goles do Vilalba. Con empate a cinco, Alfonso puxo o porteiro xogador pero o marcador non se movería.

Vilalba F.S. 5: Luis, Roi, Jose López, Nuno e Álvaro, -cinco inicial-, Diego Fente, Paulo, Tucho, Freire, Dani Martínez e Juan Diego.
A Pontenova 5: César, Paulo, Iago, Catalin e Miguel, -cinco inicial-, Manuel, Fidel e Diego.
Árbitros: Borja Moreira Bermúdez, Roberto Martínez Pena e Santiago Modroño Liz.
Amoestaron con amarela a Álvaro, Jxose López e Diego Fente, e expulsaron a Luis Vázquez no Vilalba. Pola Pontenova viron cartón Fidel, Diego, Catalin e César. Expulsaron a Piñeiro.
Goles: 0-1 Iago,  1-1 min. Freire, 1-2 Diego, 2-2 Diego Fente, 3-2 Diego Fente, 3-3 Catalin, 4-3 Álvaro, 4-4 Paulo, 5-4 Roi, 5-5 Iago

No hay comentarios: