28/11/16

Merecida vitoria do Vilalba F.S.

O Vilalba F.S. gañou por 3 a 1 ao Carballiño, no derradeiro encontro no Municipal, da primeira volta. O partido puido rematar con goleada para os vilalbeses, pero unha vez máis a falta de acerto de cara a portería, privaría aos de Alfonso dun marcador máis abultado.
A primeira parte foi de dominio local cunha morea de ocasións.
O primeiro gol faríao Diego Fente, elevando o coiro á saida de Jonatan. Os locais estaban enriba dos visitantes unha e outra vez, pero o segundo non chegaba. Sería no minuto 15, cando Tucho nunha xogada de estratexia, ampliaba o marcador.
Un par de minutos máis tarde, os de Carballiño nunha contra marcarían o 2-1.
Parecía que as pantamas voltaban, pero nunha boa xogada de equipo, Jose López facía o 3 a 1 antes do descanso.
Na segunda metade o marcador non se movería, e eso que se puideron ver máis goles.
Os visitantes xogarían con porteiro xogador a partir do minuto 13, sen crear perigo. Tamén sufrirían unha expulsión faltando 3, que os locais non souberon aproveitar.

Vilalba F.S. 3: Iago, Tucho, Alvarito, Freire e Diego Fente, -cinco inicial-, Jose López, Roi, Nuno, Miguilla e Dani Martínez.
Carballiño F.S. 1: Jonatan, Óscar, Aitor, Álvaro e Daniel, -cinco inicial-, Ignacio, Fabio e Alejandro.
Árbitros: Mario Salinas García, Roberto Segundo Amor Vizos e María Begoña López Fernández.
Amoestaron con amarela a Dani Martínez e Roi no Vilalba. Polo Carballiño viron cartón Daniel e Álvaro. Expulsaron a Ignacio por dobre tarxeta.
Goles: 1-0 min. 4 Diego Fente, 2-0 min. 15 Tucho, 2-1 min. 17 Ignacio, 3-1 min. 18 Jose López.

No hay comentarios: