23/1/17

Roi empata faltando 20 segundos

O Vilalba F.S.  empatou a 3 goles contra o Bembrive, nun partido onde mereceron a vitoria, pero a falla de acerto de cara a porta, fixo que se escaparan os puntos do Municipal.
Comezaba ben o encontro para os vilalbeses que dominaban con xogo e ocasións. Roi inauguraría o marcador. Pero Fabián empataría cun tiro dende fora da área. Os locais desperdiciarían varias ocasións destacando dous disparos ao pau.
Nunha mala saída de Iago os visitantes marcarían o 1 a 2 antes do descanso.
Na segunda metade os de Alfonso tiveron altos e baixos.
Tucho empataría no minuto seis, poñendo emoción no marcador. Mediada a segunda parte os visitantes adiantaríanse de novo.
Os locais tentábano pero sen moita precisión.
E faltando 3 minutos co cinco para catro e os seareiros animando sen descanso, os vilalbeses medraron e tiveron unha morea de ocasións, un par de paus e outras duas na que o porteiro estivo sobresainte.
E sen darse por vencidos, a falla de 20 segundos Roi empataría o partido. Xa no daría tempo para máis.
Na vindeira xornada o Vilalba viaxa a Lugo para enfrontarse ao Casás.

Vilalba F.S.: Iago, Jose López, Roi, Alvarito, e Nuno, -cinco inicial-, Tucho, Luis, Freire, Paulo, Antón e Dani Martínez.
Bembrive F.S.: Diego, Carlos, Javier, Pablo e Alberto, -cinco inicial-, Javier, Félix, Fernando, Fabio, Carlos, Aarón e Fabián.
Árbitros: Mario Salinas García, Roberto Segundo Amor Vizos e María Begoña López Fernández.
Amoestaron con amarela a Jose López, Freire e Roi no Vilalba. Polo Mosteiro viron cartón Pablo e Carlos.
Goles: 1-0 min. 5 Roi, 1-1 min. 11 Fabián , 1-2 min. 18 Aarón , 2-2 min. 26 Tucho, 2-3 min. 31 Carlos, 3-3 min. 39 Roi.


No hay comentarios: