30/1/17

Repítese a historia

O Vilalba F.S. empatou a 2 goles contra o Casás, noutro partido ao que por desgraza parecía que o guión xa estaba escrito antes de xogarse. Dominio dos vilalbeses cunha morea de ocasións que desperdiciaron, encaixando dous goles de estratexia.
Pois o dito, o ex-xogador do Vilalba, Pequecho, adiantaría aos lucenses no saque dunha falta no segundo pau. As ocasións para os vilalbeses serían moitas. Nun lanzamento de falta de Tucho, Rafael marcaría en propia porta.
Os de Alfonso na primeira metade, mandaría o coiro aos paus en 3 ocasións e fallarían un dobre penalti que tamén foi á madeira.
Na segunda parte Freire adiantaría aos visitantes e Félix poñería a taboas no marcador.
Alvarito sería expulsado por un dobre cartón moi riguroso. Con superioridade o Casás apenas inquietou a porta de Iago.
Empate que sabe a pouco en Vilalba.
No encontro, Tucho sufriría unha escordadura no ligamento lateral externo do xeonllo dereito. Dende a administración desexamos unha pronta recuperación.
A vindeira xornada o Vilalba F.S. recibirá ao lider da terceira, o Pazos de Borbén.

C.P. Casás 2: Carlos, Pequecho, Pablo, Félix e Christian, -cinco inicial-, Alexandre, Jairo, Julio, Rafael e Ignacio.
Vilalba F.S. 2: Iago, Jose López, Roi, Alvarito e Nuno, -cinco inicial-, Tucho, Freire, Luis, Paulo, Antón e Diego.
Árbitros: Borja Moreira Bermúdez, Emilio González Alvedro e Iván Enríquez Fontenla.
Amoestaron con amarela a Pablo, Jairo e Félix do Casás. No Vilalba viron cartón Jose López e Freire. Foi expulsado por dobre cartón Alvarito.
Goles: 1-0 min. 2 Pequecho, 1-1 min. 8 Rafael P.P., 1-2 min. 27 Freire, 2-2 min. 33 Félix.

No hay comentarios: